Banda de Música Unión de Guláns, Premio da Cultura Galega 2023

Foi galardoada na categoría de Música

Ponteareas | O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.

A categoría de Música foi para Ponteareas, sendo seleccionada a Banda de Música Unión de Guláns. No resto das categorías os premiados foron os seguintes:

Letras: Yolanda Castaño

Artes Visuais: Museo do Gravado á Estampa Dixital

Artes Escénicas: PistaCatro

Audiovisual: Portocabo

Lingua: Asociación Ponte…nas Ondas!

Patrimonio Cultural: Eduardo Pardo de Guevara

Proxección Exterior: Cursos de Verán Galego sen Fronteiras