Balance positivo para Tui en Fitur 2022

Cos proxectos do Miño Destino Navegable e das Redes de Juderías
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro (centro) durante a súa participación en Fitur 2022.

Tui | A alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, participou como representante do Concello de Tui nun total de catro presentacións nas que a nosa cidade tiña especial protagonismo celebradas na Feira Internacional de Turismo – Fitur 2022 que se está a celebrar estes días na capital de España.

Especial interese suscitou a presentación do proxecto “Río Miño, un destino navegable” ao que asistiron os rexedores de Tui, Salvaterra de Miño, Valença e Monçao xunto co Presidente de Turismo Porto e Norte, Luis Pedro Martins, e o Vice-presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.

Neste acto foi promocionado este novidoso e ilusionante proxecto de creación dun novo produto turístico que pon en valor o río Miño e a súa dimensión transfronteiriza así como os recursos turísticos dos catro municipios miñoto. Esta presentación tivo lugar no stand de Turismo de Galicia o mércores 19 de xaneiro ás 15,00 horas.

De seguido Tui continuou a protagonizar a actividade no stand de Galicia en Fitur coa presentación, ás 15,30 horas do mércores 19 de xaneiro, de “Descubriendo las juderías galllegas: Monforte de Lemos, Ribadavia y Tui” na que estaban presentes xunto ao alcalde tudense, a alcaldesa de Ribadavía, Noelia Rodríguez, e a primeira tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, xunto á xerente da Red de Juderias de Galicia – Caminos de Sefarad e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Neste acto os asistentes se aproximaron ao patrimonio xudeu conservado nestas tres localidades así como ao traballo de dinamización e promoción que se realizar a través da Red de Juderias e recibiron as guías editadas sobre cada unha destas cidades.

Onte, xoves 20 de xaneiro ás 11,30 horas tivo lugar a presentación do proxecto “Mulleres do Camiño Portugués” organizado polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e que presentou un vídeo promocional sobre esta ruta xacobea e o papel activo que as mulleres teñen na dinamización desta ruta xacobea.

Presentación do proxecto “Miño Destino Navegable”.

Neste caso Tui estivo representado por Silvana Crisostomo, de “Ideas Peregrinas” xunto ao alcalde Enrique Cabaleiro que destacaron a importancia do Camiño Portugués para a nosa cidade que non cesa de recibir peregrinos de múltiples nacionalidades incluso nestes meses de inverno, evidenciando a dinámica de recuperación desta ruta xacobea.

Por último, o concello de Tui, representado polo seu alcalde, participou no stand da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad no acto institucional que contou coa presenza de representantes das 21 cidades, no que se presentaron os proxectos futuros da Red, así como o boceto de “Ciudades de Sefarad”, o libro que Red de Juderías editará en 2022, cun percorrido polas cidades que integran a Asociación.

Este ano o stand da Red de Juderias é un tapiz virtual, unha ventá ao patrimonio, cultura e historia das cidades da Red mediante un mapa que recolle a localización das cidades e un código QR para cada unha que da acceso a unha viaxe virtual dun minuto co que os visitantes poderán coñecer o legado xudeu en cada un dos municipios.

No decurso da feira foi tamén unha oportunidade para manter diversos contactos con representantes de diversas institucións e colectivos para avanzar en novos proxectos e actividades para o noso municipio. Salientan os encontros co presidente de Cluster de Turismo de Galicia, co presidente de Turismo Porto e Norte, co presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, así como con diversas empresas e axencias que traballan no ámbito turístico que atinxe á nosa cidade.

O alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, valora moi positivamente esta presenza tudense no principal escaparate do turismo que reflicte o importante traballo que neste sector realiza o municipio tudense.

Haberá moi poucos municipios que nesta edición de Fitur teñen protagonizado catro presentacións sobre os recursos e proxectos turísticos que o rexedor tudense agarda contribúan á dinamización do sector turístico tudense, ofrecendo novas oportunidades de emprego e negocio para os nosos cidadáns.