Baiona e Poio divulgarán o legado de Colón

Con motivo do Día de Colón buscando a vinculación do descubridor con ámbalas dúas vilas

Baiona | Os actos do Día de Colón presentarase en Baiona, concello ao que arribou a carabela La Pinta coa noticia do descubrimento de América. O que busca o novo Goberno, sinala, é establecer futuras colaboracións e irmanamento entre os dous concellos (Poio e Baiona) para seguir divulgando e poñendo en valor a figura do Colón de Poio, accións que servirán tamén para promocionar esta festa medieval.

O Concello de Poio recupera este ano a celebración do Día de Colón, que chega á súa décima edición tras cinco anos sen organizarse. Deste xeito, a festa medieval, que defende a teoría da ascendencia galega do navegante, desenvolverase o venres 20 e sábado 21 de outubro en Combarro, en colaboración coas asociacións Combrus, Laretas e Vides Novas.

Como edicións anteriores, a programación incluirá artesáns, tiro con arco, obras teatralizadas e música itinerantes, entre outras propostas que se darán a coñecer nos vindeiros días, e a organización manterá reunións de coordinación cos diferentes establecementos. Tamén os locais crearán os seus propios menús medievais.

Segundo explica o alcalde, Ángel Moldes, “o obxectivo desta festa, ademais de que contribúa ao desenvolvemento socioeconómico do concello, tamén favorecerá a desestacionalización, atraer visitantes e incentivar o consumo fóra da tempada de verán”.

De igual modo, con esta celebración tamén se seguirá “reivindicando a figura do Colón galego, do Colón de Portosanto, en definitiva do Colón de Poio. Como todo o mundo recoñece, esta festa serviu para afianzar a relación da figura do navegante con Poio e dar visibilidade ao propio museo”.

El alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, puso a disposición del Concello de Baiona el Museo Flotante de la Carabela Pinta de Baiona para acoger este acto de presentación mostrando así su apoyo la a celebración de este singular día y reivindicando el origen gallego, de Poio, de Colón.