“Avanoa, el musical” con ‘ADN coruñés’

Se estreará o 6 de outubro no Teatro Colón

A Coruña | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou a obra ‘Avanoa, el musical’, unha obra de teatro local, orixinal e inédita, integramente cantada en directo, e que se estreará o próximo xoves 6 de outubro no Teatro Colón e que conta coa colaboración do Concello por tratarse dunha obra “con ADN coruñés”.

‘Avanoa, el musical’ está composto de 14 cancións escritas por Juan José López Romero, Gabriel Nieto Peñamaría e Arturo Bermúdez Cachaza. A adaptación teatral é obra de Sara Pérez Fandiño. O musical está producido por Valana Producciones, unha compañía coruñesa.

A obra conta a historia de Canavar e Masina, fundadores dunha empresa dixital, e o seu conflito con Ratsy, directivo da compañía e partidario dun uso máis agresivo da tecnoloxía. A aparición da personaxe de Kai provocará “situacións extraordinarias que cambiarán para sempre as súas vidas”, apuntaron os autores durante a rolda de prensa.

As entradas xa están dispoñibles a través da plataforma en liña de Ataquilla ou na páxina web da obra e nos despachos de billetes do Teatro Colón e da praza de Ourense.

Outros artigos