UNED do Porriño abre matrícula para as primeiras aulas formativas

Para títulos de ESO e Comunicación Empresarial en Inglés

O Porriño | A Aula UNED do Porriño abre a inscrición nos seus dous primeiros cursos de extensión universitaria.

A primeiro deles, o “Programa de reforzo educativo para a obtención do título de ESO para adultos” que se desenvolverá do 25 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023 de maneira presencial. As clases impartiranse de martes a venres de 18 h a 21 h e os sábados de 10h a 13h e prepararanse as materias incluídas nos tres eidos dos que consta a proba (científico-tecnolóxico, comunicación e social). Está dirixidas a maiores de 18 anos que non dispoñan desta titulación.

A matrícula ordinaria é de 40€ e gratuíta para os alumnos e alumnas empadroados no Porriño.

A segunda, o curso de “Comunicación Empresarial en Inglés” dirixido a todas as persoas interesadas cun nivel de inglés xeral de partida preferiblemente igual ou superior a B1. O alumno adquirirá os coñecementos necesarios para efectuar con éxito comunicacións verbais e non verbais en lingua inglesa que lles permitirán desenvolverse socioprofesionalmente no eido internacional.

O curso desenvolverase do 28 de outubro do 2022 ao 17 de febreiro de 2023 (en horario de tarde) podendo elexir a asistencia presencial ou a online en directo ou en diferido. Componse de 40 horas lectivas, 2 créditos ECTS. A matrícula é de 80€.

Máis información:
UNED Pontevedra-Aula Universitaria do Porriño. (Multicentro de Torneiros)
986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos