Aula aberta de micoloxía en Salceda

Salceda acolleu os días 12 e 13 de outubro un percorrido micolóxico ao longo da Senda do río Caselas. Os diferentes muiños que se atopan na senda convertéronse en Aulas abertas de micoloxía onde se contou coa presenza de Óscar Requejo, autor da “Guía micolóxica do río Caselas”, que realizou unha exposición acerca dos cogumelos que se atopan na ruta e a súa importancia para o medio, así como as características que os diferencian e o seu valor gastronómico.
Ademais, a actividade interactuou cunha pequena camiñada que comezou nas Pontes, para rematar no muíño de Marcial. Cándido Lorenzo, concelleiro de Medio Ambiente, afirmou que “estas xornadas son moi importantes para establecer un maior vínculo coa natureza e co entorno e coñecer o apaixonante mundo dos cogumelos que forman parte da riqueza biolóxica do Río Caselas. Que mellor ubicación que os muíños rehabilitados para o encontro dos visitantes destas xornadas”.