Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública rexeita a Medalla de Ouro de Galicia 2021

Por considerala unha obra de marketing político da Xunta

Santiago de Compostela | A Asociación Galega para a Defensa da  Sanidade Pública, REXEITA A MEDALLA DE OURO DE GALICIA 2021, outorgada polo  Goberno Galego aos profesionais que  están axudando a saír do túnel da COVID a través da vacinación.

“A nosa Asociación considera unha burla e unha manobra de marketing político a concesión desta medalla”

A nosa Asociación considera unha burla e unha manobra de marketing político a concesión desta medalla coa que pretende recoñecer o traballo do persoal da sanidade pública durante a pandemia, mentres o SERGAS perpetúa unhas condicións laborais de gran precariedade e inestabilidade e mantén os recortes salariais introducidos a partires do ano 2010.

Hai que recordar, que unha das primeiras medidas que adoptou Feijoo á súa chegada ao goberno, foi a de “conxelar os salarios ao persoal  da Sanidade Pública Galega” durante os exercicios do 2010, 2011 e 2012. Esta decisión, adiantou os recortes contemplados na Lei de Medidas de Estabilidade Orzamentaria que rebaixou  as condicións laborais e retributivas de todo o persoal dependente das administracións públicas.

“O persoal sanitario Galego exixiu que a Xunta aplicara no sistema sanitario público os Acordos de Mellora Salarial e o dereito a Carreira Profesional do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza”

O persoal sanitario Galego exixiu que a Xunta aplicara no sistema sanitario público os Acordos de Mellora Salarial e o dereito a Carreira Profesional do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza, que sigue sen negociar un acordo (na Mesa Sectorial do persoal) para devolver os recortes salariais e os 5 dias de Libre Disposición, acumulados nese período

Nosa Asociación exiximos que o SERGAS  devolva os salarios que o persoal tiña que ter percibido, para equiparar as súas condicións o resto do persoal da administración pública Galega á media dos demais servizos de saúde do Estado.
Menos medallas honoríficas e máis medidas para devolver os dereitos  recortados.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.