Asociación Galega para a Defensa da Sanidade critica as políticas de Feijóo

Denuncia os recortes da Xunta de Galicia en Atención Primaria

Santiago de Compostela | A Xunta de Galicia recortou o persoal sanitario de Atención Primaria (AP) en máis de mil traballadorxs; reduciu o orzamento en millóns de euros, especialmente en AP que baixou ó 12%;  suprimeu centos de camas nos hospitais públicos; privatizou hospitais públicos; pechou centros de saúde; eliminou consultas de pediatría; mantivo os servizos de saúde pública na práctica indixencia; deixou morrer por centos xs maiores nunhas residencia indignas, como denunciou o Consello de Contas; limitou o acceso aos centros de saúde á poboación; implantou as consultas telefónicas como prioritarias;  suprimiu consultas, probas  diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais; enganou sobre o número de rastrexadorxs, etc.

Esta situación colapsou os hospitais e impediu á Atención Primaria colaborar activa e eficazmente no control e a contención da COVID;  impediu actuar sobre xs enfermxs contaxiadxs e non contaxiadxs, que tiñan outras patoloxías graves.

Agora, o señor Feijoo, pretende culpar do empeoramento da pandemia de coronavirus en Galicia á poboación que celebrou o Nadal, cando él mesmo autorizou as xuntanzas de dez persoas e permitiu a mobilidade entre provincias (violentando a súa propia norma de “peche perimetral”!

“agora se está pagando as consecuencias das interaccións das festas”

O presidente afirmou que “agora se está pagando as consecuencias das interaccións das festas”, sen achegar datos nin información que o apoie!. Para disimular a sua responsabilidade pretende agora incrementar as restriccións pero non fala do esforzo a realizar para vacinar a poboacion, que ao ritmo actual poden tardar anos antes de chegar a todala poboación.

Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, consideramos esta  actuación, como inaceptable, ofensiva para a poboación e perigoso para a saúde da mesma.

Esiximos unha rectificación destas irresponsables declaracións e o inicio dun proceso de reconstrución do Sistema Sanitario Público en Galicia, profundamente afectado polos recortes que fixo nos últimos 11 anos, que afectou á resposta ante a pandemia; así mesmo, exiximos que cambie a súa política privatizadora e de represión, ca desculpa da COVID. Ademáis exiximos que deixe de botar balóns fora e de culpabilizar a todxs, menos a él, que ten a responsabilidade máxima en Galicia.