Asociación de Empresarios de Tomiño impulsa a campaña “Ponte Guap@”

Para incentivar o comercio local

Tomiño | A Asociación de Empresarios de Tomiño (ADETO) impulsa desde o mércores 15 ao sábado 25 a campaña “Ponte Guap@” para que os clientes que merquen no comercio asociado participarán no sorteo de tres vales de cincuenta euros para gastar en moda e estilismo.

Os comercios participantes son Confecciones Isabel, Roupa Paredes, Rodríguez ModaRo&RoLito SportMorell*85Streetwise Babi e Calzados González para roupa, calzado e complementos e entre Purificación PeluqueríaPeluquería L&RArte Salón OrgánicoRiveiro PeluquerosA Coquetiña, Peluquería Isabel Rodríguez, Espazo VIP e Donna Bella para servicios de perruquería e estética.

Coa chegada dos meses de verán toca renovar o armario, prepararse para eventos e ocasións especiais ou cambiar de look para adaptarse á chegada do calor. Para todos os estilos e para todos os gustos, con produtos e servizos de calidade e con todo o valor engadido de mercar no comercio local. Non o dubides, elixe Tomiño e Ponte guap@.

Con esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, queremos poñer en valor e visibilizar a ampla oferta de moda e imaxe persoal do municipio e animarvos a descubrir todo o que ofrece o comercio local. Para máis información, consulta as bases.