Asociación de Empresarios de Redondela presenta a campaña polo Día da Nai

Con sorteos de 500€ en tarxetas regalo

Redondela | Con motivo do día da Nai á Asociación de Empresarios de Redondela realiza unha promoción das tarxetas regalos conxuntas do comercio de Redondela, unha iniciativa na que a Asociación de Empresarios xa comenzou a traballar o ano pasado co deseño e realización das tarxetas e que promocionará nas distintas datas comerciais para axudar a impulsar as vendas no pequeno comercio a vez que ofrece unha solución ideal para agasallar ás Nais coa certeza de acercar seguro.

A tarxeta é de moi sinxela utilización tanto para a clientela como para comerciantes. A clientela poderá consumila en calquera dos comercios adheridos a rede da tarxeta que se poderá consultar escaneando un código Qr que aparece na propia tarxeta e no folleto explicativo. O consumo de cada tarxeta se poderá realizar só nun establecemento. Se o consumo é menor que o importe da compra recibirá un vale de compra e no caso de exceder a compra o importe da tarxeta tan so terá que pagar a diferencia.

As tarxetas están dispoñibles para importes de 20€, 50€ e 100€ polo que tamén poder ser un complemento ideal a calquera pequeno agasallo.

A ampla rede e variedade de comercios nos que se poderán consumir estas tarxetas fai que sexa sempre unha garantía de acerto co valor engadido da proximidade e confianza do pequeno comercio e servizos da localidade. Comercios de roupa, calzado e complementos non son os únicos establecementos nos que se poden consumir estas tarxeta senón que podemos atopar desde un salón de peiteados, un centro de masaxes ata unha ferretería, unha tenda de decoración, unha florería, etc. Os establecementos de hostalaría non estarán na rede de venda pero si na de consumo, así que tamén nos podemos ir de cea coas tarxetas regalo.

A unión do comercio local e a capacidade para entender que estes proxectos comúns crean marca e son un elemento diferenciación serán claves para que esta iniciativa se consolide e resulte beneficiosa para os negocios locais.

A permanencia do tempo do proxecto e o uso do galego en todo o material creativo fixo que o proxecto acadara o respaldo do servizo lingüístico da Deputación de Pontevedra o que suporá que os comercios poden acceder de forma gratuíta a todo o packaging co que se presenta esta tarxeta regalo.

Sorteo de 500€ en tarxetas regalo
A clientela que merque tarxeta regalo con motivo do día da Nai poderá participar nun sorteo especial de 500€ en tarxetas regalo. (información sobre o concurso: https://www.empresasredondela.gal/noticias/campana-do-dia-da-nai)

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!