Asemblea Xeral de AMEGA

Aprobáronse a actualización dos estatutos e iniciativas de difusión

Santiago de Compostela | A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) ven de celebrar en Santiago unha asemblea extraordinaria coa finalidade de aprobar novos estatutos máis actualizados e ver de que maneira os xornais que conforman esa Asociación poden estar presentes no reparto dos recursos que se dedican ao galego por parte das autoridades autonómicas e locais.

Tamen estudouse a posibilidade de que os medios que conforman a Asociación poidan ser auditados para así disponer dunha ferramenta que demostre diante dos posibles anunciantes a difusión de cada medio e a difusión do conxunto, no caso posible, de que nalgún momento a difusión dunha determinada noticia ou reportaxe puidera ser publicada por todolos membros de AMEGA.

Na foto os membros da Xunta Directiva.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.