As Tanxugueiras estarán na Festa do Cristo 2022 no Porriño

Actuarán o 30 de setembro con entrada gratuíta

O Porriño | As Tanxugueiras serán un dos dos grandes atractivos das próximas Festas do Cristo. Sabela , Aida e Olaia recalarán no Porriño o 30 de setembro para ofrecer un concerto que promete ser todo un éxito de afluencia. O recital comenzará ás 22:30 horas e a entrada será gratuíta.

Dende que as galegas presentaran a súa candidatura para representar a España no festival de Eurovisión, o seu éxito non parou de medrar, e regresan ao Porriño co seu novo disco “Diluvio” que se presenta como unha viaxe de indagación e autocoñecemento.

As creadoras firman todos os temas de “Diluvio” e apostan pola reinterpretación da tradición galega a través da fusión con ritmos urbanos coa intención de achegar a música de raíz ao público máis novo. Nos próximos días, o Concello do Porriño presentará a programación das Festas do Cristo 2022 que, xunto ás Tanxugueiras, vén cargada de pratos fortes e actividades para todos os públicos.

Publicadas as bases de instalación de postos
O Concello do Porriño vén de publicar as bases para a instalación de postos e atraccións nas Festas do Cristo 2022.

A solicitude de preinscripción pode descargarse na seguinte ligazón: https://oporrino.org/documentos/solicitude-instalacion-postos-e-atraccions-festas-do-cristo-2022/ Tamén pode recollerse no Concello do Porriño ata o 15 de setembro, en horario de 9 a 14h. Toda a documentación requerida nas bases será entregada no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica ata o 15 de setembro.

BASES INSTALACIÓN POSTOS E ATRACCIÓNS FESTAS DO CRISTO 2022: https://oporrino.org/documentos/bases-instalacion-postos-e-atraccions-festas-do-cristo-2022/