As palilleiras amosaron o seu talento na Caniza

A III Mostra de Palilleiras de Valeixe reuniu a 230 palilleiras

A Caniza | O recinto da Irmandade de Valeixe acolleu a celebración da ”III Mostra de Palilleiras do Concello da Caniza”, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Valeixe (AMURUVA), coa colaboración do Concello da Caniza e o comercio local.

Un total de 230 palilleiras de 22 asociacións provenientes de Vigo, Salvaterra, Tui, Mos, Sanxenxo, O Grove, Redondela, Arteixo e distintos concellos das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña reuníronse para amosar ao público os seus traballos e a súa destreza na arte tradicional do encaixe de bolillos, no que consolida a este certame como unha referencia cultural no Condado Paradanta así como na única mostra de encaixe de bolillos da comarca. A música tamén estivo presente coa agrupación de Pandereteiras Santa Cristina de Valeixe.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.