As orquestras amenizarán a 57º edición da Festa do Xamón da Cañiza

Os días 14 e 15 de agosto

A Cañiza | Rematadas as actuacións da fin de semana, o luns 14 de agosto, arrancan as verbenas ás 22.30h coas actuacións do Grupo Alkar na rúa Antonio Facorro e da orquestra Saudade dende a Praza Maior.

E o 15 de agosto, día grande da Feira do Xamón, tamén a partires das 22.30h comeza na Rúa Antonio Facorro a actuación do Grupo La Nave e na Praza Maior da Orquestra Gran Parada.

Na presentación de hoxe o Alcalde tamén lembrou a programación das festas que podedes consultar [aquí], destacando a celebración do obradoiro do bocadillo xigante de xamón o domingo 13 de agosto, a cata comentada de curados e viños do luns 14 de agosto e o o VIII concurso nacional de cortadores de xamón e a propia xornada gastronómica do 15 de agosto.

E despediuse invitando a asistir a esta celebración a todos os galegos e visitantes que desexen pasar unha xornada de festa diferente.