As mulleres emprendedoras ten a súa cita en Redondela

Este 30 de marzo nun encontro organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela

Redondela | Mediante o presente informamos que o vindeiro xoves 30 de marzo celebraremos con Pazo de Vilavella en Redondela un Encontro de Mulleres Empresarias e Emprendedoras.

O encontro pon fin ás actividades desenvolvidas durante todo este mes de marzo con gaio da celebración do día da muller nos que se puxo en valor o papel da mulleres empresarias locais. O número de mulleres que lideran os proxectos empresariais local está case no 45% , con porcentaxes de representación sectorial moi dispares. Que van dende un 11% no sector industrial ata case o 52% no sector comercial.

Adxuntamos programa do encontro e informamos da hora da convocatoria para á atención aos medios será a partir das 10:00h coincidindo coa apertura da zona expositiva e Networking, na que se poderán recoller os testemuños dos proxectos de emprendemento local.

O programa do encontro pode consultarse a través deste enlace.