As entidades sociais de Vigo érguense contra a violencia de xénero

Concentración organizada pola Asociación Érguete
As entidades sociais de Vigo érguense contra a violencia de xénero nunha concentración organizada pola Asociación Érguete.

Vigo | As entidades sociais de Vigo érguense contra a violencia de xénero nunha concentración organizada pola Asociación Érguete esta mañá, á que asistiron, ademais de profesionais e persoas usuarias da entidade, diversos colectivos sociais, como AFAGA, Fundación Érguete, Down Galicia, Alborada e ASEM, e veciños e veciñas.

A coordinadora da Asociación, Elvira Rivas, reinvindicou “o importante papel das entidades sen ánimo de lucro na loita contra violencia machista”, meta imprescindíbel para acadar un mundo mellor.

As persoas participantes desplegaron un gran lazo violeta no espazo que comparten diversas ONGs en Martínez Garrido, e lembraron ás 37 mulleres asasinadas este ano, así como aos 24 menores que quedaron orfos. Avendaño lembro ás persoas presentes que “temos que levantar a voz, denunciar, axudar ás que se ven inmersas nesta violencia e non deixar de loitar”, tal e como, “fixemos nós, un grupo de nais que soñaba cun mundo mellor”.

A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, tamén quixo lembrar a “grande relación e influenza que existe entre o consumo de drogas e a violencia de xénero”, afirmando que para os profesionais do eido social “combatela tamén debe ser un aspecto imprescindible no traballo con persoas con problemas de adiccións”. O acto acabou con berro unánime. “Non nos rendemos. Non esquecemos Non paramos. Loitamos. Érguete contra a violencia de xénero”.