Arrancan as obras de mellora da estrada provincial EP-5003 A Cañiza-Arbo

Cunha inversión de case 900.000€ da Deputación de Pontevedra, a obra contempla o fresado e reposición do firme na maior parte dos case 8,5 km de vial ao seu paso polo término municipal

A Cañiza | O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, destaca que a estrada EP-5003 A Cañiza – Arbo é unha das máis importantes da Cañiza, que atravesa a parroquia de Valeixe, polo alto fluido de tráfico diario que absorbe, pola súa conexión coa Autovía A52 Rías Baixas e por estar considerada como zona de transporte internacional ao estar preto da fronteira portuguesa de Melgaço.

O alcalde da Cañiza sinala que esta obra contempla tamén a mellora da seguridad vial con instaación de pasos de peóns resaltados e estreitamento dos carrís nas travesías da estrada.

As obras iniciadas esta semana pola Deputación de Pontevedra, adxudicada a empresa COVSA por 886.829,11 €, contemplan traballos de fresado e reposición do firme a maior parte dos tramos da estrada. Concretamente, nun dos tramos executarase unha capa de microaglomerado en frío.

Esta obra de mellora tamén inclúe a revisión da sinalización vertical de velocidade, elevándose algúns pasos de peóns nas zonas de Touzosas e Miñoteira, e estreitando os carrís nos tramos de núcleos coa finalidade de calmar o tráfico nos lugares de Sibei, Touzosas e Miñoteira para incrementar a seguridade.

Ademáis con esta actuación reordenarase a explanada situada anexa ao CEIP, Centro Escolar de Valeixe e se redistribuirán os espazos da plataforma nun tramo para favorecer o tránsito peonil.

Como xa anunciara a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, estes traballos están destinados a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución en toda a Provincia para “recuperar a seguridade vial, a mobilidade peatonal e os espazos públicos para a veciñanza”.