Arbo xa ten o cartaz da LVIII Festa da Lamprea

Arbo | O Concello de Arbo, mostra a súa satisfacción polo alcance, a categoría e a participación acadada nesta edición do concurso de carteis da “LVIII Festa da Lamprea”, donde os autores mostraron habilidades diferentes, un talento, unha creatividade e un coñecemento absoluto sobre a nosa Vila e a Raiña Lamprea.

22 foron as propostas que chegaron ao Concello de Arbo de distintas partes da xeografía española, para participar na categoría de libre do concurso. O cartel gañador será o cartel anunciador da “LVIII Festa da Lamprea” que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril do ano 2018.

Os debuxos evaluados por un xurado reunido o pasado día 29 de decembro de 2017, ás 12.00 h., no salón de plenos do Concello de Arbo, composto por membros de distintos sectores do noso concello, non o tiveron fácil dado que os bocetos, todos eles coa lamprea como tema principal, presentaban unha enorme destreza, resultando gañadores Marta Pérez Durán de A Coruña co primeiro premio, Ifara Domínguez Bolaños de Gran Canaria co segundo premio e Alberto Nieto Fernandez de Arbo co terceiro premio.

Segundo manifesta o alcalde, Horacio Gil, este concurso vense realizando dende hai 30 anos e xurdiu como idea de promover a Festa da Lamprea de Abril, a principal festa gastronómica do Municipio. Tendo e conta a alta participación, ademáis do feito de que alguns dos autores sexan de distintas zonas de España, demostra que a Festa da lamprea e Arbo, acada cada ano maior repercusión en todo o ambito nacional, grazas ao intenso traballo de promoción levado a cabo durante estes últimos anos.