Arbo terá Mercadillo Ambulante tódolos mércores

Desde as 8:30 ata as 14:00 horas

Arbo | O mercado semanal de Arbo ós mércores complementa a actividade diaria do comercio local, dando continuidade a unha tradición existente en toda localidade de celebrar a compra e venda ao aire libre, e favorecendo a que a poboación acceda a outro tipo de produtos; o mercado organízase en dous espazos diferenciados, en base aos seus artigos de venda.

Dun lado, comestibles e produtos básicos na Praza do Mercado, mentres que, a comercialización de roupa e téxtil, enxoval e fogar, calzado, ornamentación, etc., ocupan a Praza Consistorio. Na Praza de Abastos, podes adquirir peixe, froitas e verduras frescas e durante toda a maña poderás degustar un “polbo á feira”, que é aceno de identidade de todas as feiras e mercados de Galicia.

Esta actividade celébrase todos os mércores desde as 8:30 ata as 14:00 horas, sempre que non sexa festivo. Ven a Arbo, a comprar!!! Goza do “mercadill0 tradicional”, Comeza a maña collendo forzas e almorzando nas cafeterías e na pastelería de Arbo, facer a túas compras no noso comercio local, mercadillo ou praza de abastos e rematar a xornada cun prato de pulpo a Feira.

Ademais do comercio ambulante, todos ós días en Arbo contamos coa venta de carne de calidade en carnicerías, frutas, verdura e peixe na Praza de Abastos, supermercados donde poderás atopar todos as marcas e produtos de primeira necesidade, perruquerías, comercio de roupa, librerías e quioscos, catro almacéns agrícolas donde podes adquirir todo tipo de produtos para horta, viñas, gandería….