Arbo reitera o seu rexeite á Liña de Alta Tensión

Pola súa "grave ameaza" medioambiental

Arbo | O alcalde de Arbo, Horacio Gil, José Valado, en representación da
Asociación de Afectados pola liña de Alta Tensión Fontefría-Fronteira Portuguesa – AALAT VALIÑAS-POSTE e Ricardo Tomé, en representación da Asociación de Afectados pola Linea de Alta Tensión Rozas-Vide reuníronse telematicamente o pasado 30 de xuño co Secretario de Estado de Medio Ambiente do Ministerio de Transición Ecológica.

A reunión fixada para o día 5 de xullo foi solicitada polo Concello de Arbo, o pasado mes de maio. Na reunión que tivo lugar no salón de plenos municipal, déronse cita membros de Rede Eléctrica Española, o alcalde, Horacio Gil, representantes de ambas asociacións de afectados e veciños e veciñas da parroquia de Sela e Barcela.

Nas dúas reunións o alcalde e os representantes das asociacións trasladaron a preocupación dos veciños e veciñas, expresando que este trazado é unha grave ameaza non só para o medio ambiente, senón para o futuro dos municipios e manifestaron o rexeitamento unánime a este proxecto que afecta gravemente aos intereses da veciñanza.

O Concello de Arbo, as asociacións de afectados e os veciños de Arbo seguen mantendo a postura de rexeitamento deste trazado polo municipio de Arbo.