Arbo “quenta motores” de cara á LXIV edición da Festa da Lamprea

A celebrarse do 26 ao 28 de abril

Arbo | Desde fai sesenta e tres anos o Concello de Arbo homenaxea este prezado manxar coa celebración da Festa da Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional, e que no ano 2024 festexamos o seu LXIV edición os días 26, 27 e 28 de abril, unha cita á que non se pode faltar.

Arbo é un municipio no que convivimos cunha curiosa especie de “peixe” que leva existindo máis de 500 millóns de anos, e que atopou no noso Miño uno dos mellores ambientes para desenvolverse.

Arbo é a capital mundial da Lamprea: Non existe constancia doutro pobo no mundo que teña unha tradición tan antiga e arraigada ao redor deste peixe ciclóstomo prehistórico e misterioso. Preparámola desde hai séculos e a que se captura a esta altura do Miño ten unha textura, unha cor e un sabor diferentes. De potente sabor, a lamprea é un manxar que non deixa indiferente a ninguén.

A mellor tempada para degustala é de xaneiro a abril e o prato típico é “á arbense”, cociñada no seu propio sangue e acompañada dos deliciosos viños con Denominación de Orixe Rias Baixas das Adegas de Arbo . Os doce meses do ano tamén se pode degustar a lamprea nos restaurantes e casas de turismo rural de Arbo, a través da denominación seca, un exquisito afumado que se presenta rechea con ovo e xamón, asada á brasa, rebozada, en empanada ou con fideos.

Son moitas as formas de preparar a lamprea e nos restaurantes de Arbo, os cociñeiros e cociñeiras son os creadores da receita única que pasou de xeración en xeración ao longo da historia e que gardan con esmero os seus pequenos secretos. O certo é que, unha vez que se proba, compréndese a razón pola que moitas persoas percorren ano tras ano, moitos kilometros para degustar este manxar, que a día de hoxe constitúe obxecto de culto para expertos culinarios.

Unha proba do carácter único da nosa Festa, témola nos miles de persoas que cada ano abarrotan Arbo na tempada de Lamprea. Xente que vén de toda Galicia, España, Portugal e Francia, case poderíamos dicir que en peregrinación gastronómica con destino na nosa vila, unha peregrinación do bo yantar para honrar a excelencia culinaria da nosa lamprea e os nosos viños.

Tambien a Festa é un momento idóneo para degustar este manxar, acompañado dos viños das adegas de Arbo. A escasos metros do centro urbano, na carpa “Arbomostra” podemos degustar a lamprea en todos os seus estilos, acompañado dun bo viño, colleita das adegas Arbense, mentres gozamos dunha ampla programación cultural.

A Festa da Lamprea Seca, que ten lugar a segunda fin de semana de Agosto, no recinto de Turbela, fronte ao Museo Arabo, os Restaurantes de Arbo tamén ofrecen  menús a base de lamprea seca durante toda a xornada, unha festa que se consolida ano a ano e que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.