Arbo mellorará a circulación do Parque empresarial de San Xoán de Barcela

Grazas a un importe do contrato de 88.570,39 € (IVE incluído)

Arbo | O Concello de Arbo vai investir 88.570,39 €.- na mellora da Circulación no Parque Empresarial de Arbo. As citadas obras pretenden resolver os problemas de circulación e dar un servizo digno a unha serie de industrias situadas no polígono. As obras acaban de ser adxudicadas e o prazo de execución das obras é de tres meses.

As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría obras, máis honorarios de redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022 e son necesarias dado os difíciles xiros que soportan os vehículos pesados para acceder ás industrias.

As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en quente nas interseccións e as obras necesarias para encaixar unhas glorietas no terreo existente. O pavimento actual está totalmente asfaltado.

“É unha intervención que aborda tres asuntos relevantes: Preparación do terreo, pavimentación e sinalización de viais e a sinalización, que permitira unha maior seguridade á circulación de traballadores e traballadoras da zona e das e os veciños da zona, cunha rotonda mellor deseñada e que minore a velocidade dos vehículos. Facilitará o tránsito de camións nesa área de expansión empresarial” – manifesta o alcalde de Arbo Horacio Gil

As obras incluídas neste proxecto pretenden mellorar a circulación de vehículos no parque empresarial de Arbo. Durante as obras non se afectan as instalacións existentes, só actúase sobre o pavimento dos viais en dúas interseccións, consistindo as mesmas en :

1.- Preparación do terreo.

2.-Pavimentación e sinalización de viais.

3.-Sinalización.

O rexedor manifesta que “As obras proxectadas non alteran en absoluto o estado final da superficie asfaltada do polígono, deixándoa tal e como se atopa na actualidade, respéctase o seu trazado tanto en planta como en alzado, non afectando para nada o deseño da calzada, aparcamentos e beirarrúas, actuando unicamente sobre a superficie asfaltada e foron demandadas polos veciños e veciñas asi como polos empresarios da zona” .

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos