Arbo impulsa o comercio local

Ao abeiro das campañas "Da túa Man" e "Quere o teu mercado"

Arbo | O Concello de Arbo continúa traballando para por en valor o comercio local, nesta ocasión a través dunha acción posta en marcha pola Deputación de Pontevedra ao amparo do Proxecto “Da túa Man”, unha campaña que busca promover a que a veciñanza arbense e dos concellos limítrofes compren no comercio de Arbo e fomente a sostenibilidade e a economía circular no municipio.

A concelleira de Comercio, Participación Cidada e Mercado, xunto co alcalde Horacio Gil, fixo entrega aos comercios e aos praceiros e praceiras de Arbo, de bolsas de tela e bolsas reciclables que os comerciantes distribuílan entre os seus compradores e compradoras.

O Programa da “Dá túa man” ao que esta adherido o Concello de Arbo, pretende visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptalo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (reducir a xeración de residuos e promover a súa reutilización e reciclaxe), así como dunha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e que atraia visitantes.

O rexedor arbense, Horacio Gil, informa que “desde a chegada ao goberno, se tivo como obxectivo traballar con firmeza para impulsar iniciativas, campañas e proxectos encamiñados a desenvolver e apoiar o comercio local – Así durante todo o ano se realizan campañas de promoción como Quere o teu mercado coa colaboración da Xunta, Ven ao teu mercado tamén no Nadal, ArboNadal…. así como outros eventos que axudan a dinamizar a economía local – rematada o alcalde.

Neste marco do proxecto “da túa man” ademais, abrangue outros proxectos que en breve serán postos en marcha en Arbo, como é a adaptación da accesibilidade á contorna comercial, a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a instalación de sinalética integrada e diferentes accións formativas.

Con estas iniciativas e campañas, informa o alcalde Horacio Gil, queremos e seguiremos apoiando ao comercio, hostalaría, industria e mercado arbense, por ser o comercio de proximidade, que son garantía de bo produto e boa compra.

“Quere o teu mercado”
O Concello de Arbo, únese á campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos e as Prazas de Abastos, co obxectivo de destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local, ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Por outra banda, no afán de dinamizar o mercado, ofrecendo novos servizos, e tendo en conta que Arbo representa na súa contorna un concello moi relevante en canto á importancia do produto agroalimentario, e para preservar tanto a produción como a súa comercialización, o Concello de Arbo e a Conselleria de Economía, Industria e Innovación asinaban en setembro de 2023 un convenio de Colaboración, para a reparación do pavimento do Mercado, non sendo esta a única obra realizada nos últimos anos.

A campaña “Quere o Teu Mercado” deu comezo ó 10 de maio e se prolonga ata ó 15 de xuño co concurso Ven a Praza e Gaña, no que se sortea entre os compradores e compradoras do Mercado, tres vales de compra.

Para o goberno arbense, as actuacións desenvolvidas nas prazas de abastos, tanto de obras como de promoción, resultan imprescindibles para  xerar actividades complementarias ao seu redor, ao tempo que constitúen unha canle de comercialización moi eficaz de produto fresco derivado do mar, a horta e a gandaría – Informa o alcalde Horacio Gil.

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra.

O remate da campaña será o 16 de xuño coa apertura da urna e a posterior entrega dos Vales de Compra na Praza. O reparto de material promocional da campaña terá lugar no Mercado ó 25 de maio.

Dende o Concello animan a toda a veciñanza arbense e dos concellos da comarca a achegarse a Praza do Mercado de Martes a Sábado para mercar productos de calidade e recordan que todos ós mercores ten lugar o Mercado Semanal, no que ademaís de venta de alimentos, productos da horta, calzado, roupa, menaxe, prantas….. Tamén hai pulpo a Feira.