
Arbo | A Biblioteca Pública Municipal Segundo Gil Dávila amplía a súa oferta de servizos culturais coa creación dun Club de Lectura, unha iniciativa deseñada para potenciar o papel deste espazo como axente de dinamización social, fomento do pensamento crítico e encontro interxeracional.
A Biblioteca vén de adherirse ao “Xerador de Sedes Web” do Ministerio de Cultura, pola que disporá dunha páxina web propia para incrementar a súa visibilidade dixital.




