Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves crearán a “Eurocidade do Miño”

Asinarán protocolo de cooperación no marco da LXII Festa da Lamprea

Arbo | Considerando a proximidade xeográfica, as afinidades culturais, históricas e económicas existentes entre os Concellos de Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves asinan maña un protocolo de cooperación para Crear a “Eurocidade do Miño”

O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Arbo, ás 12:00 horas, coincidindo coa LXII Festa da Lamprea.

O Concello de Arbo considera que a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista a proximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificuldades que implican todas as fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións.

Así como tamén a promoción de amizade e paz, prosseguindo os principios de cidadania europea e dunha Europa máis coesa e sen fronteiras.

Coa creación da “Eurocidade do Miño”, estanse creando máis lazos, si cabe, de amizade e cooperación entre as poboacións destes concellos e as comprobadas ganas das partes en colaboraren para o benestar dos seus cidadáns.

Ás 12:10 terá lugar o Concerto a cargo da Banda Municipal de Arbo, na Praza do Consistorio, seguido da recepción de autoridades na Praza do Concello.

As 13:30 o pregón dende o balcón que corre a cargo de Sergio Pazos e o rematar a visita obrigada a Arbomostra que este ano esta situada na Praza do Mercado.