Arbo convoca o I Certame fotográfico “Arbo, Vila da Lamprea”

O prazo límite de presentación é ó 10 de xuño

Arbo | O obxectivo deste concurso é promover e poñer en valor a enorme diversidade de recursos naturais e paisaxísticos de Arbo. Un extraordinario patrimonio natural, cultural, patrimonial…..que forma parte da beleza do conxunto do termo municipal.

Este concurso enmarcado dentro das actividades de promoción da Festa da Lamprea, pretende atraer visitantes ao noso municipio e que coñezan os atractivos turísticos que ofrece, e que sexan os propios visitantes os que conten a través do seu obxectivo a súa experiencia.

Para o Concello de Arbo, o obxectivo do concurso non é outro que premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste concello e animar aos turistas a que coñezan a gran riqueza que Arbo, pode ofrecer. Ademáis, este concurso busca atraer a Arbo, a un perfil de turistas aficionados a fotografía, que poden encontrar na beleza do noso entorno un motivo para visitar a Vila – Manifesta o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

Cartel do concurso

A imaxe turística creada para a venda dun destino e difundida a través de diversos medios constitúe o primeiro lazo de unión entre os destinos e os seus potenciais turistas, o que tamén axuda ao Concello de Arbo, a ampliar o seu arquivo de fotografía para ser usada nas redes sociais e nas campañas de promoción.

A temática é libre, sempre que estea vinculada directamente cos valores turísticos, patrimoniais, naturais, socioculturais, ambientais….. de Arbo. Os que desexen participar no certame, deberán enviar as fotografías ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com. Prazo límite de presentación é ó 10 de xuño e a votación será entre os días 14 e 20 de xuño.

Tal e como avanzou o edil arbense, Sr. Gil, unha idea moi atractiva que permite ademáis promocionar Arbo como un destino de vacacións

As bases podrán consultarse en la página web del Concello de Arbo, www.concellodearbo.es

Outros artigos