Arbo convoca ao concurso de carteis e redacción da “LXIV Festa da Lamprea”

Para os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero

Arbo | O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso de carteis e redacción para os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero, con motivo da celebración da “LXIV Festa da Lamprea” prevista para os días 26, 27 e 28 de abril de 2024.

Non hai mellor forma de incentivar o talento e a cultura entre os máis pequenos que realizando concursos – informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil. A escritura e a pintura é unha das primeiras ferramentas das que dispoñen os máis pequenos para poder expresarse e é por iso que motivalos con concursos e premios vólvese un bo exercicio para descubrir as novas promesas.

Soamente poderán participar os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero. No concurso de carteis participarán todos os cursos. No concurso de redacción participarán os alumnos de 3º a 6º de primaria.

Tema: como tema fundamental Arbo, “LXIV Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc. Os premios consistiran en material didáctico, xogos, etc …

Presentación ata o 25 de xaneiro de 2024 no Colexio C.E.I.P Antonio Carpinteiro e o 29 de xaneiro de 2024 no Concello de Arbo

Para máis información https://festadalamprea.gal/evento/concurso-de-carteis-e-redaccion-da-lxiv-festa-da-lamprea-alumnado-do-c-e-i-p-antonio-carpintero/