Arbo conta cunha nova Casa de Maiores en Sela

Cedida polo Concello á Asociación Cooperativa Galega

Arbo | A parroquia de Sela, en Arbo, ten xa duas Casa do Maior situada nas dúas vivendas dos mestres que o Concello cedeu á Asociación Cooperativa Galega para o seu acondicionamento e xestión do servizo.

Este proxecto innovador favorece a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Arbo e a creación de postos de traballo.

No mes de xuño de 2019 a Conselleira de Politica Social inaguraba Social a Casa do Maior de Sela. Con 5 persoas maiores dependentes, puñase en marcha este eficiente servizo de atención en pequenos grupos, que de maneira flexible garante a seguridade e calidade dos veciños e veciñas de Arbo.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinnala que esta instalación permite que as persoas de máis idade “estean ben acompañadas e reciban a atención que necesitan preto das súas casas e parroquias, tal e como prefiren”. Gil destacou a importancia de iniciativas como esta para axudar na conciliación laboral e persoal dos familiares que encóntrase no cuidado dos ancián.

As casas do Maior é un servizo profesional para persoas de 60 anos en situación de dependencia moderada ou severa. Funcionan como pequenos centros de día en concellos de menos de 5.000 habitantes. O horario e de luns a Venres de 10:00hora a 18:00horas, con servizo de transporte e comedor. Os usuarios, estarán nun espazo como na súa casa, donde poderán socializar sen desvincularse do seu entorno, teran a mente activa, continuarán facendo actividades da vida diaria, potenciarán os hábitos saludables, realizan actividades lúdicas que fomentan a convivencia entre eles, paseos, dinamismos para favorecer a memoria e a  psicomotricidade, entre moitas outras.

Para máis información e solicitude de praza na casa do Maior, os interesados/as deberán dirixirse aos servizos sociais do Concello de Arbo ou chamando ao teléfono: 619 75 83 43 (María)