Arbo celebrou o 50º aniversario da Festa da Aguardente

Este 20 e 21 de agosto

Arbo | O Concello de Arbo celebrou este fin de semana do 20 e 21 de agosto o 50º aniversario da Festa da Augardente, unha nova edición que rescata unha festividade que forma parte do acervo e do patrimonio arbense.

Con esta celebración, o Concello busca manter viva unha tradición que involucra á hostalería local así como aos veciños das distintas parroquias deste municipio.