Arbo celebra o Entroido con Desfile de Comparsas

O vindeiro domingo 19 de febreiro

Arbo | O Concello de Arbo convoca dentro das actividades programadas para o “Entroido 2023” un Desfile de Comparsas para o próximo día 19 de febreiro. As que desexen participan deberán anotarse nas oficinas do concello ou ata unha hora antes do inicio do desfile a través do persoal municipal identificado.

Para as comparsas de 15 ou máis membros, establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 450 euros. A segunda , un premio de 225 euros. A terceira un premio de 100 euros e a cuarta percibirá un premio de 50 euros.

Para as comparsas de 5 a 14 membros establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 130 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta recibirá un premio de 30 euros.

Para as comparsas infantís (15 ou máis membros menores de 12 anos) establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 140 euros. A segunda, un premio de 70 euros.  A terceira e a cuarta recibirán un premio de 30 euros cada unha.

Por último, para a mellor máscara estableceranse tamén 4 premios. Un primeiro premio de 70 euros. O segundo será de 35 euros. O terceiro e cuarto premio será agraciado con 20 euros para cada un.

O desfile sairá ás 17.30 horas da Carballeira de Turbela. Ano tras ano, o percorrido ata a Praza do Concello é todo un éxito, contando con distintos espectáculos protagonizados polas comparsas e os colaboradores. Na lista de participantes sempre hai anotadas formacións chegadas doutros concellos limítrofes e mesmo de Portugal.