Arbo avanza na súa promoción turística

Cunha visita de blogueiros, axentes de viaxes e influencers españois e portugueses

Arbo | O pasado xoves 3 de xuño, a través dunha actividade organizada por AECT, visitaban Arbo, representantes maioristas, axencias de viaxes, influencers e blogueiros especializados en promoción turÍstica de distintas zonas de España e do País veciño Portugal, coñecían de primeira man as pesqueiras, desfrutaban do deporte de aventura no Rio Miño da man de empresas especializadas arbenses e visitaban o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea.

No ano 2019 o Concello de Arbo,  organizaba para promover os Sabores únicos e emblemáticos como son o viño e a  lamprea e a súa festa por excelencia a Festa da  Lamprea,  un encontró de  bloggers. Por primeira vez, os  blogueros gastronómicos e de viaxes con miles de seguidores na internet e redes sociais visitarán a “capital mundial da  lamprea”.

O evento, impulsado polo  Concello de Arbo, foi un referente neste universo dixital e no sector turístico de Galicia. O impacto en redes sociais alcanzou estes días miles de interaccións.

Estas iniciativas que por este Concello xa se puxeron en marcha anos atrás, responde á importante estratexia de promoción e publicidade que se esta a levar a cabo para promocionar Arbo, os seus sendeiros, actividades deportivas, gastronomía, viños, patrimonio….., manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

O avance cara a saída da pandemia fai más que necesario impulsar iniciativas destinadas a promocionar de forma orixinal e diferente Arbo, tal e como se recolle no plan de reactivación do sectores económicos do Concello de Arbo, e que sirve de base para seguir ademáis promocionando este Concello da Raia , que pode ser visitado en todas as estacións do ano.

Nos vindeiros meses, e sempre que a evolución sexa favorable do COVID-19, dende o concello arbense, seguiran facendose actividades, colaborando con outras administración na promoción de Arbo como destino turístico.