Arbo acolle a proxección “José Gil, pioneiro do cine”

Este venres 19 e sábado 20 no auditorio do Centro Multiusos e na Praza do Concello

Arbo | Arbo acolle este venres e sábado varias actividades para difundir a figura de José Gil (As Neves, 1870-1937), precursor do cinema en Galicia.

José Gil (Rubiós, As Neves, 1870-Vigo, 1937) é o grande pioneiro do cinema en Galicia, a figura máis destacada, por percorrido profesional e intensidade do seu labor e traballo a prol da fotografía e o cine, nos inicios dunha arte que habería de mudar o mundo.

Arbo é un concello limítrofe coas Neves, municipio de nacemento de José Gil. De seguro que frecuentou festas e romarías das parroquias arbesas nos seus anos mozos, pois ademais ambos concellos estaban conectados polo ferrocarril.  Podemos velo nalgunhas imaxes publicadas nos primeiros números da revista “Vida Gallega”, como a reportaxe gráfica sobre o aniversario da derrota francesa na ponte de Mourentán. Tamén ficou constancia gráfica da expectación entre a veciñanza cando chegou no seu Ford para fotografar e filmar a festa dos emigrantes, momentos oportunamente inmortalizados en “Vida Gallega” (1914). Nese mesmo ano estaba a preparar a filmación dun proxecto sobre a lamprea en Arbo, do que non tivemos máis referencias.

As actividades dan comezo o venrés 19 de maio no auditorio do Centro Multiusos donde o alumnado do CEIP Antonio Carpintero visitara o cinemóbil nº 3 e pola tarde proxeccións de balde para o público en xeral. O Sábado o gran día, donde a partir das 10:00 horas na Praza do Concello realizaranse visitas ao cinemobil nº 3 e Banda de Música de Arbo, ofrecerá un concertó para narrar a historia do cine a través das bandas sonoras.