Arbo abre o prazo para inscribirse á V Andaina da Lamprea

Arbo | Entre as moitas actividades que organiza o Concello de Arbo para promocionar a LX Festa da Lamprea que terá lugar os días 24, 25 e 26 de abril, non podía faltar o senderismo, unha practica saludable que nos permite coñecer o patrimonio e a natureza da Vila de Arbo.

O Prezo por participar é de 8 euros. Agasallos e degustación de lamprea e viño de Arbo para todos os participantes.

A Inscrición realizarase nas oficinas municipais de luns a venres en horario de 8 a 15:00 horas, ou ben, descargando o formulario na paxina web do Concello de Arbo e envialo cuberto xunto co xustificante de pago ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou a través da sede electrónica do Concello de Arbo.

A data límite para anotarse termina o 7 de abril. Prazas limitadas a 250 persoas.

A actividade arrincará na Praza do Concello ás 9:30 horas cun percorrido de aproximadamente 12 km. Para participar nesta andaina (de dificultade media-alta), os interesados deberán abonar 8 euros en concepto de inscrición na conta municipal ES44. 2080.5011. 853040005379

Ademais a organización entregará agasallos para todos os participantes e, facendo honra á raíña do Miño na súa tempada de consumo, ofrecerase unha degustación de lamprea e viño das adegas do Concello de Arbo.

A andaina da Lamprea e outra forma de promocionar a riqueza cultural, paisaxística, patrimonial e gastronómica que o Concello de Arbo pode ofrecer aos visitantes.

Outros artigos