• Segue conectado
  • |

Aprobadas as bases reguladoras do programa de axudas Reactiva Tui

Destínase 280 mil euros ao mantemento e impulso do tecido empresarial local

 

Tui | Reactiva Tui é o nome do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia que ten coma obxectivo mantemento e impulso do tecido empresarial local. Onte en pleno foron aprobadas as bases reguladoras deste programa ao que o Concello de Tui destinará 280 mil euros, procedentes do remanente de tesourería, para impulsar os negocios que tiveron que pechar debido á Covid-19.

A crise sanitaria requiriu a posta en marcha dunha serie de medidas de confinamento e limitación das actividades económicas que están a deixar ao seu paso un escenario económico e empresarial de extrema gravidade. O Concello de Tui, consciente dos retos aos que se enfronta o tecido empresarial local aposta por poñer en marcha un plan de choque de apoio empresarial a escala municipal. Este plan de choque inclúe medidas en distintos ámbitos temáticos, tales como a seguridade e saúde, a fiscalidade, o fomento do uso das tecnoloxías e a promoción económica, entre outros.

A posta en marcha dunha parte destas medidas articúlase a través da concesión de subvencións ás pequenas empresas e autónomos do municipio, cuxas bases reguladoras foron aprobadas onte polo pleno municipal. Á convocatoria, que será publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, poderán presentarse os traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de Tui e permanecese pechado ao público como consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 .

Catro serán catro as liñas que poderán ser obxecto de subvención:
• Gastos de aluguer do local comercial efectivamente realizados desde a declaración do estado de alarma ata un máximo de catro meses.
• Gastos asociados á transición cara ao comercio online ou a optimización do existente.
• Gastos derivados do cumprimento das especificacións de servizo, limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco derivadas das medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARS- COV-2.
• Axudas para financiar investimentos para acondicionamento de locais comerciais polos efectos da COVID-19 e para lograr espazos máis seguros.
Os interesados terán un prazo de quince días hábiles para a súa solicitude tras a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Publicado o 29 Mai 2020 en Economía, Portada, Tui.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies