Apertura da UNED Sénior no Porriño

Programa formativo dirixido a persoas maiores de 55 anos

O Porriño | A partir do 1 de febreiro, a UNED Porriño continúa cos seus cursos académicos de extensión universitaria así como inaugura a UNED Senior.

As actividades de extensión universitaria son todos aqueles cursos, xornadas, seminarios, congresos, etc., impartidos baixo a metodoloxía da UNED e encamiñadas á expedición de un diploma ou certificado.

Protocolo na Administración Local Asistencia presencial ou en liña: 30 € Lugar e data: 1 febreiro a o 2 marzo de 17:00 a 20:00 h. Multicentro de Torneiros, Ribeira S/n, planta 2, 36410, O Porriño, Pontevedra. Inscrición:   require inscrición en liña

Introdución ao protocolo empresarial. Asistencia presencial ou en liña: 24 € Lugar e data: 6 ao 27 de marzo  de 17:00 a 20:00 h Multicentro de Torneiros, Ribeira S/n, planta 2, 36410, O Porriño, Pontevedra. Inscrición:   require inscrición en liña.

Lingua de signos española (LSE)  Nivel I. Asistencia presencial: 60 € Lugar e data: 2 marzo ao 11 maio de 17:00 a 20:00 h Multicentro de Torneiros Ribeira S/n, planta 2, 36410 O Porriño, Pontevedra. Inscrición:   require inscrición en liña

UNED Sénior
É un programa formativo dirixido a esas persoas maiores de 55 anos, que buscan completar a súa experiencia profesional e coñecementos previos, sexan cales sexan, cunha formación que che permite actualizarche e adquirir unha maior comprensión e participación na sociedade actual.

Materia: Teatro e conciencia corporal Asistencia presencial: 50 € Lugar e data: 24 febreiro ao 12 maio de 17:00 a 20:00 h Multicentro de Torneiros Ribeira S/n, planta 2, 36410 O Porriño, Pontevedra. Inscrición:   require inscrición en liña

A oferta de estudos da UNED inclúe: ·       Acceso á universidade ·       Graos, Graos combinados, Microtítulos, Másteres EESS, Doutoramentos EESS ·       Idiomas ·       Uned senior. Extensión universitaria. Formación permanente.