Andalucía é un mercado prioritario para o destino Galicia e o Camiño de Santiago

Rexistraronse máis de nove mil compostelas de peregrinos andaluces no que vai de ano

Santiago de Compostela | O director de Turismo de Galicia saudou esta mañá aos participantes nas xornadas Cádiz: 365 días ao ano, un encontro profesional orientado a reforzar os vínculos turísticos entre Andalucía e Galicia e a poñer en valor o potencial deste mercado no destino galego.

Merelles salientou a demanda do mercado andaluz, que se consolida como un dos principais emisores nacionais para Galicia. Entre xaneiro e maio de 2026 rexistráronse algo máis de 57.000 viaxeiros procedentes de Andalucía nos establecementos hoteleiros galegos, que fixeron preto de 117.000 noites. Ademais, en 2025 Andalucía situouse como o terceiro mercado nacional para Galicia, só por detrás do mercado interno e da Comunidade de Madrid.

Así mesmo, salientou a importancia de Andalucía para o Camiño de Santiago, xa que nos cinco primeiros meses de 2026 rexistráronse máis de 9.000 compostelas de peregrinos procedentes desta comunidade, o que supón un incremento do 4,2% respecto ao mesmo período de 2025. Andalucía é a segunda comunidade por procedencia de ámbito nacional por detrás tamén da Comunidade de Madrid.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.