Alfonso Rueda e Luís López realizan o tramo decisivo da proba ciclista O Gran Camiño

Entre Ponteareas e o Monte Aloia en Tui

Tui | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo nunha ruta ciclista entre Ponteareas e o monte Aloia, en Tui, enmarcado nos actos da proba ciclista O Gran Camiño, que conta co apoio do organismo provincial.

O dirixente compartiu esta experiencia co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; co organizador da carreira, Ezequiel Mosquera, ademais dos exciclistas profesionais Óscar Pereiro e Álvaro Pino, así como doutros afeccionados ao deporte da bicicleta.

O Gran Camiño, que se celebrará entre o 22 e o 25 de febreiro, é unha cita de relevancia internacional que recibe o apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da súa aposta estratéxica polo deporte.

Precisamente a etapa entre Ponteareas e o monte Aloia, en Tui celebrarase o último día da proba, polo que será decisiva para a clasificación dos corredores.