Alfombristas de Ponteareas participarán na Procesión do Viático de Pontevedra

O vindeiro 24 de abril cunha alfombra de flores

Ponteareas | A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada por, O GREMIO DE MAREANTES para participar na procesión do VIATICO que percorrerá o 24 de abril as rúas de Pontevedra onde fará unha particular ofrenda floral, elaborando unha alfombra de flores, para o paso do VIATICO, como as que se fan en Ponteareas con motivo da festa do Corpus Christi.

Membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas viaxarán o próximo día 23 de abril a Pontevedra, para confeccionar na tarde do sábado día 23 a partir das 18,00unha alfombra de flores na rúa Hermanos Nodales.

O Viático é un desfile relixioso evocador do esplendor medieval pontevedrés, está estreitamente vinculado ao barrio de maior raíz mariñeira da cidade do Lérez e dunha maneira moi especial ao Gremio de Mareantes, confraría que desde o século XVI goza do citado lugar de privilexio nesta manifestación de fe.

A procesión do Viático é unha das celebracións seculares que organiza o Gremio de Mareantes .A tradicional procesión do Viático percorre as principais rúas do que antigamente era coñecido como arrabalde mariñeiro da Moureira, un barrio que se estendía extramuros pola zona de orillamar da cidade desde Santa María a San Roque.

Precisamente este é o percorrido que hai cada ano a procesión, partindo desde a basílica e recolléndose na capela de San Roque, levando baixo palio a Jesús Sacramentado.

Organizado polo Gremio de Mareantes (os seus membros portan as varas do palio baixo o que desfila a Custodia con Jesús Sacramentado), a procesión ten como principal cometido cumprir o precepto pascua e levar a Sacra Comuñón aos enfermos e impedidos da parroquia de Santa María a Maior.

O deseño da alfombra está dedicada ao GREMIO DE MAREANTES e cun giño ao Camiño de Santiago. Os traballos de confección da alfombra comezarán o sábado dia 23 a partir das 18,00 horas.

Desde a Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas, queremos agradecer ao GREMIO DE MAREANTES e principalmente ao seu Presidente, D. Jose Luís Arellano Guiance pola invitación recibida.