Alfombristas de Ponteareas e Torrelaguna homenaxean á Virxe da Almudena

Cunha alfombra de 80m2 diante do Palacio Real de Madrid

Aldea Global | Un total de 24 alfombristas de  PONTEAREAS e 4 de TORRELAGUNA  Confeccionaron desde as 5:30 da mañá unha alfombra de 80 m² para a virxe da Almudena diante do palacio Real e a pesar das inclemencias meteorolóxicas estaba cagada para cando chegou a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso que agradeceu e felicitou o traballo realizado o nome do pobo de Madrid tamén se achegou a ver a alfombra a vicealcaldesa de Madrid Begoña Villacis que tamén quedou gratamente sorprendida.

O deseño da alfombra esta inspirado na cúpula da Catedral, e do mesmo xeito que os debuxos de Luís Galicia, en cada esquina reprodúcese un dos catro elementos, terra, aire, auga e lume. O motivo central da alfombra é a imaxe de Santa María a Real, debuxo realizado polo pintor, Javier Otero, que colabora coa Asociación de Alfombristas.

Ao redor e como marco, destes motivos centrais, reprodúcese unha orla de elementos vexetais para encarnar a fusión da cor e a xeometría na natureza.  Esas cores que Galicia atribúelle noutras das súas obras ás ondas ou os montes, na Almudena e que lembran á arte mozárabe.

A alfombra será cadrada sobre 80 m2 de superficie. As flores serán principalmente; caraveis, buganvillas, hortensias e o resto de elementos vexetais será levados desde Galicia.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos