Alcaldesa do Porriño solicitou en Madrid unha rúa para o arquitecto Antonio Palacios

En presenza da ministra de Traballo, Yolanda Díaz

Madrid | Eva García de la Torre solicitou que Madrid “honre debidamente ao noso arquitecto Antonio Palacios, que deixou unha obra tan destacada nesta capital, coa concesión do nome dunha rúa sobranceira da cidade”. A alcaldesa do Porriño falou este serán ante un auditorio ateigado de público no Círculo de Belas Artes de Madrid.

Entre os espectadores ocupou un lugar salientable na primeira fila de cadeiras, Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira do Goberno Central e deputada de Galicia en Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra.

Antes de que dera comezo o acto, alcaldesa e vicepresidenta estiveron falando e recibiron un agasallo da directiva do Círculo de Belas Artes.

“Eva García reivindicou a ‘enorme transcendencia de Antonio Palacios como urbanista cunha pegada innegable en Vigo e no Porriño e tamén en Madrid onde deixou un legado impresionante do que unha mostra é este edificio do Círculo de Belas Artes onde nos atopamos”

Na súa intervención, Eva García reivindicou a “enorme transcendencia de Antonio Palacios como urbanista cunha pegada innegable en Vigo e no Porriño e tamén en Madrid onde deixou un legado impresionante do que unha mostra é este edificio do Círculo de Belas Artes onde nos atopamos”.

A rexedora reivindicou que “dende a nosa chegada á Alcaldía do Porriño temos traballado de arreo para recuperar unha meirande parte dos cadernos de debuxos de Antonio Palacios que serviron para editar libros como este que estamos a presentar hoxe, obra de Alvaro Bonet”, manifestou Garcia de la Torre.

Precisamente Alvaro Bonet, autor de de “Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios”, editado por “Engaiolarte”, agradeceu a colaboración do Concello do Porriño e da súa alcaldesa que lle permitiu acceder ao fondo documental de Palacios que se ten recuperado.

Outros artigos