Agora Ourense coalición que escoita ós colectivos

Está integrada por seis partidos de esquerda

Ourense | Dentro dos actos de campaña Agora Ourense achegouse ós barrios de Ourense para visibilizar a súa proposta. Presenta unha candidatura de coalición de esquerda (Esquerda Unida, Ourense Mellor, Recortes Cero, Alianza Verde, Podemos e Verdes Equo) chea de propostas vinculadas á ecoloxía, ó feminismo, á diversidade sociocultural, ó comercio local, á participación cidadá, á mocidade.

Achegarse á cidadanía difundir o seu programa de medidas e escoitar as demandas dos colectivos é un dos eixos da campaña desta candidatura cabezada por Toño Naval.

Agora Ourense vense reunindo ó longo da campaña con colectivos vencellados ó deporte, comercio, lecer, diversidade funcional, asociacións estudantís e colectivos de inmigrantes. Toño Naval visitou o local da Asociación de Escaladores Ourensá para falar da súa traxectoria como clube deportivo na cidade e coñecer, de primeira man, as suxerencias e demandas dos deportistas desta disciplina tan popular na cidade.

Millán Brea, membro da candidatura, reuníuse no Campus Universitario das Lagoas coas asociacións estudiantís de Ourense escoitando as súas inquedanzas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.