AGDSP denuncia a connivencia do SERGAS coa patronal privada

Consideran estas estreitas relacións tralo nomeamento do novo xerente de Ahosgal, Manuel López-Pardo

Santiago de Compostela | Recentemente a Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal), patronal da sanidade privada, que agrupa aos principais grupos sanitarios Privados, como Quirón, Ribeira Salud, Hospitas de Madrid (HM), Hospitais Vithas, nomeou xerente a Manuel López-Pardo irmán de Estrella López-Pardo, Xerente do Servizo Galego de Saúde desde agosto de 2022.

Este nomeamento, evidencia as estreitas relacións e os conflitos de interese, entre a administración sanitaria pública e a patronal de hospitais privados. Unha parte importante dos ingresos dá sanidade privada proceden do orzamento público (de todo o pobo).

A patronal Ahosgal, recoñeceu recentemente que necesitaba 120 médicxs máis, para atender a actividade concertada co SERGAS. Esta demanda, explicaría por que a Administración Sanitaria Galega acorde agora suprimir a dedicación exclusiva do persoal médicx que traballa nos hospitais públicos, para que traballen tamén na privada. O pluriemprego médico asociase con menores salarios.

A práctica simultánea no sector público e privado, leva consigo, importantes conflitos de interese, que perxudican ao Sistema Sanitario Público e á poboación, por favorecer un maior absentismo e evasión de tarefas, desvío de pacientes ao sector privado, demanda inducida e selección de pacientes, uso indebido de recursos públicos para fins privados ou alteracións nas listas de espera. Aparte de ser contrario a Lei de Saúde de Galicia.

Esta decisión, nun momento de falta de persoal médico nos hospitais públicos, asociado co crecemento exponencial das listas de agarda e a parálise se servizos, e inexplicable ademáis desde unha óptica empresarial. A exixencia de dedicación exclusiva é unha práctica habitual das empresas co persoal de alta cualificación. E faise, para FIDELIZAR que xs profesionais traballen só na Pública.

Desde a AGDSP, denunciamos a connivencia e a máis que estreita relación da Administración Galega coa Patronal Privada (rexeitable dende a ética e a estética), que explica a estratexia de desmantelamento do Sistema Sanitario Público por parte do PP, que ten como obxectivo fundamental a potenciación do sector empresarial hospitalario e a privatización.