Actualizacións na Radio Municipal de Tui

Novas taxas de publicidade e persoal voluntario para unha nova etapa

Tui | A actualización dos prezos da publicidade na emisora municipal e a incorporación das persoas voluntarias na radio ao Programa de Voluntariado Municipal foron dous dos acordos tomados a semana pasada no Consello de Goberno da Radio Municipal de Tui.

Así, dando continuidade ao acordado na reunión anterior no mes de xaneiro, aprobouse a modificación das tarifas da ordenanza de publicidade. O obxectivo é actualizar os prezos xa que a actual ordenanza é de 2006.

Esta modificación, aprobada no Consello, trasladarase agora aos departamentos de Intervención e Tesouraría para que continúen coa redacción dunha nova ordenanza que substitúa á vixente.

O obxectivo desta actualización é adecuar os prezos á realidade económica actual, pero tamén contemplando novos xeitos de publicidade que foron xurdido ao longo dos anos e que non estaban contemplados no actual texto.

Así mesmo, o Consello de Goberno aprobou a incorporación das persoas voluntarias da Radio Municipal ao programa de Voluntariado do Concello de Tui. Esta medida busca recoñecer e fomentar o labor dos voluntarios, ao tempo que da cobertura legal a esta colaboración coa emisora municipal.

No Consello informouse amais das cinco persoas, estudantes de ciclos medios de Vídeo Dj, e Son, de Locución, e Edición e Post-produción de Vídeo que están nestes momentos facendo prácticas na emisora, e do remate hai uns meses do remate das prácticas curriculares dun estudante do Grao en Xornalismo.

A Radio Municipal de Tui acolle dende hai anos estudantes en prácticas, que poden desenvolver así na emisora municipal os coñecementos teóricos aprendidos durante o curso, contribuíndo así á capacitación de novos profesionais no ámbito da comunicación, ofrecendo unha experiencia práctica e enriquecedora dentro dun medio de comunicación local.

Na reunión da pasada semana expúxose tamén o traballo diario que o persoa da emisora realiza coma gabinete de comunicación, xestor das redes sociais municipais, mantemento da web municipal, xunto a outra tarefas de sonorización e presentación de eventos, ou deseño.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.