Acordada a parcela para o Centro de Negocios en Salceda

Será construída na zona de A Gándara

Salceda de Caselas | O Delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, e a Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, anunciaron que a parcela emprazada no PERI xunto ao Centro de Saúde será a sede do futuro Centro de Negocios que o Consorcio construirá na zona de A Gándara.

Será a parcela composta pola denominada Z3 P1b Equipamentos 02, amais dunha parte da parcela Z3 P1a Equipamentos 01m, cunha suma total aproximada de 4.000 m2. O Centro de Negocios, duns 9.000 m2, tamén disporá dun Auditorio de máis de 500 butacas e estímase para o 2027 o comezo das súas obras.

A financiación e construción do equipamento correrá a cargo da Zona Franca e a xestión pasará a mans do Concello de Salceda. Tamén se iniciaron os traballos do Estudo de Viabilidade, tanto económica como do emprazamento e da edificabilidade do Centro de Negocios, que estará rematado en setembro antes de proceder co asinamento do convenio.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.