ACiP pide o acceso da cidadanía aos plenos municipais

Criticou ante a Subdelegación do Goberno a actitude da alcaldesa ponteareán

Ponteareas/ACiP | No día de onte celebrouse, como corresponde durante esta lexislatura, o Pleno Ordinario do mes de xullo, pero no caso desta celebración plenaria non se cumpriu a legalidade vixente.

A chegada o consistorio municipal, a Policía Local que se encontraba ante as portas do mesmo, impedía o paso da veciñanza que desexaba exercer o seu dereito a asistir de forma presencial ante esta reunión da corporación municipal.

Só puideron acceder o salón de plenos os concelleiros electos, escusándose dende a Alcaldía en que existen obras no recinto. Cabe recordarlle a Sra. Fernández que a normativa deixa claro, que se non se pode utilizar o salón plenario (polo motivo que sexa), deberá habilitarse outro espazo, como se realiza noutros concellos galegos nos cales se tiveron que realizar plenos noutras instalacións municipais como auditorios ou pavillóns.

Dende ACiP queremos mostrar a nosa disconformidade, ante estas actitudes tan pouco democráticas que moito nos indignan. Son unha vergoña por parte do equipo de goberno e principalmente por parte da alcaldesa, a quen o posto vaille grande, non é quen de entender que o seu papel transcende o meramente partidista, sendo a maior representante institucional da nosa cidade. Aínda que é unha magoa, nas últimas datas téñennos habituados a estas falcatruadas, que denigran a propia institución municipal.

O candidato de Alternativa Ciudadana de Ponteareas a alcaldía, Juan Carlos González Carrera, expresa o seu malestar cos feitos sinalando que «o ocorrido no Pleno Municipal foi unha falta de respecto as normas e a propia democracia municipal, xa que se a alcaldesa non quere deixar pasar os veciños “por obras”, ten que ter habilitado un espazo alternativo e Ponteareas ten varios”.

O curioso deste insólito suceso é que se produce exactamente despois de dúas actuacións polémicas por parte de Cristina Fernández Dávila, tanto no pleno de maio como no de xuño, coincidindo co aumento de asistentes a visualizar en directo as reunións plenarias. Ainda que non foi responsabilidade nosa, queremos pedir disculpas a cidadanía que desexaba acudir e esperamos que non volva ocorrer algo similar.