ACiP exise a retirada dos restos de masa arbórea en Pardellas

Ante o risco elevado de incendio

Ponteareas/ACiP | Nunha mostra máis da desidia do Goberno Local polo seu propio concello, vémonos na obriga de denunciar a situación na que se encontra o Espazo Natural Rexenerado de Pardellas, un terreo de titularidade municipal, no que o BNG e PSOE levan meses acumulando ramas secas e resto de podas.

Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas esiximos a súa inmediata retirada, xa que como estamos a observar nos municipios da contorna, e no noso propio, a seca prolongada e as altas temperaturas, son un risco extremo para que se produza un incendio.

Como sinala o concelleiro de ACiP, Luis Rodríguez, “non é de recibo que o Goberno todavía teña isto así, máis se cabe semanas despois de observar as tráxicas escenas de Guillade. Tal e como está Pardellas, existe unha absoluta facilidade de que as lapas o poidan converter nun auténtico polvorín, ao contar cunha inmensa masa forestal pegada”.

Os veciños e veciñas de Ponteareas están obrigados a ter en óptimas condicións as parcelas das que son propietarios, co cal é aberrante que o bipartito continúe a senda da deixadez e nin tan sequera trate de dar exemplo en terreos baixo a titularidade municipal.