ACiP denuncia que o goberno ponteareán non devolveu 90.000€ de cobros ilegais

Polo imposto de plusvalías
O voceiro de ACiP, Juan Carlos González Carrera.

Ponteareas/ACiP | O bipartito pontareán comprometeuse o seu abono hai meses pero ata o momento non se produciu, causando un importante prexuízo os afectados. Mentres o goberno de Ponteareas facía alarde da súa inoperancia, entre os anos 2018 e 2019 produciuse un cobro irregular de preto de 90 000 €, como demostra un informe realizado polo ORAL.

Coa insistencia e as continuas reclamacións de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, o goberno tivo que entregarnos ese documento, no cal se demostra a ilegalidade cometida co mesmo.

O 17 de novembro de 2017, levouse a cabo a modificación da Ordenanza Fiscal de Plusvalías, comunmente recoñecido como “imposto de sucesións”, a petición da nosa formación e respaldada polo resto de grupos municipais. Esta modificación eliminaba o cobro aos veciños cando estes deixaban aos seus fillos vivendas e propiedades.

Dende a aprobación en 2017, o goberno escondeuna e non a publicou para evitar a súa entrada en vigor, ata que, tras varias denuncias de ACiP, realizase a publicación oficial o 15 de outubro de 2019. Este retardo provocado durante dous anos polo propio goberno fixo que moitos veciños recibisen a notificación de liquidación, con importes superiores os 6 000 €, que chegaron a afrontar mediante prestamos.

Como sinala o portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera: “A Sra. Fernández Dávila confirmou no Pleno Ordinario do mes de febreiro que estes pagos serían devoltos, pero atopámonos xa en novembro e ningún veciño recibiu o seu importe. Unha vez máis a caótica situación interna deste goberno arrastra consigo o benestar da veciñanza”.

“A Sra. Fernández Dávila confirmou no Pleno Ordinario do mes de febreiro que estes pagos serían devoltos, pero atopámonos xa en novembro e ningún veciño recibiu o seu importe”

O modus operandi realizado é demencial, retrasan a posta en marcha da ordenanza facendo pagar os pontareáns; ingresan os cartos ilegais e agora que toca devolvelos dilatan de forma exacerbada o proceso, onde o deplorable estado actual das contas municipais igual é o motivo da tardanza.

O noso grupo a través desta denuncia pública espera que dentro da incompetencia continuada do goberno, sexan quen de mover o necesario para devolvelo antes do remate deste ano. Alternativa Ciudadana de Ponteareas sempre cualificou o imposto de sucesións como unha inxustiza social, véndose apoiada esta postura pola sentencia da pasada semana do Tribunal Constitucional, onde sinala que é nulo e ilegal.

Queremos aproveitar para animar a todo veciño ao que lle fose cobrado este imposto, a informarse e recorrer o mesmo, xa que se trata dun cobro irregular.