ACiP da o ‘pistoletazo de saída’ co reto de alcanzar a alcaldía de Ponteareas

Congregou a 500 simpatizantes no seu Día de Convivencia

Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas organizou no día de hoxe un Día de Convivencia, no cal os membros da formación serviron a máis de 500 comensais que se deron cita no entorno de San Roque, para mostrar o seu apoio a Juan Carlos González Carrera no reto de obter a alcaldía de Ponteareas.

Baixo o lema “a túa Alternativa para o Cambio”, a formación verde quixo tomar o pulso da veciñanza para afrontar os últimos meses antes das elección municipais. Neste acto mostraron unha ambiciosa proposta de gobernar a cidade, rompendo moldes ideolóxicos e contando con todas as parroquias, algo que o actual goberno négase a relizar.

Cando o candidato de ACiP as eleccións de 2023 tomou a palabra, invadido pola emoción, quixo “agradecer a todo o equipo que me acompaña neste proxecto, porque sen estas 50 persoas sería inimaxinable realizar isto”.

Nun discurso cargado de mensaxes de esperanza e cambio, Carrera sinalou que “queremos unha cidade con verdadeira calidade de vida, na que nos sintamos orgullosos e na que remate a discriminación que están facendo no rural, con parroquias esquecidas”. Rematou enfeitizando que “non estamos de acordo co que están facendo en Ponteareas, non permitiremos que a sigan liquidando”. A xornada completouse con actuacións musicais e sorteos entre os asistentes, pondo o broche de ouro a un encontro histórico para a formación, que se consagra como a auténtica alternativa de goberno.