ACiP acusa ao goberno municipal de “incumprir” normas de participación e transparencia

Mediante un comunicado de rexeite á actitude do goberno BNG-PSdeG

Ponteareas/ACiP | No día 18 de decembro, ás 8.30 os grupos municipais estamos convocados a unha reunión a pedimento do Concelleiro de tráfico e de bo gobernou, na mesma dicía que ía explicar os cambios realizados e escoitar alternativas dos demais grupos, respecto diso temos que dicir que lamentamos que dita reunión non fose antes do comezo das obras, hai un mes, que sería o normal nun Concello que presume de transparente e que busca o consenso.

Para que unha reunión agora, co caos xa creado e baseado na falta de planificación, e a propósito de que esta reunión é un paripé máis do que nos ten afeito o Concelleiro para saír nos medios de comunicación e para xustificar as críticas dos veciños e comercio local da pasada reunión con este colectivo,e polo caos que provocou bloqueando en centro urbano e máis nestas datas do Nadal a propósito que non lle gusta escoitar nin ter en conta as propostas dos demais, aplica o seu criterio e punto.

O noso Portavoz fixo saber na devandita reunión que non participaremos en ningunha reunión mais, mentres o goberno municipal non cambie de actitude e cumpra coa normativa de participación e transparencia que tanto lles gusta abanderar. Están a incumprir a lei que dá acceso aos Concelleiros a documentación para realizar o noso traballo e que levamos másde un ano e medio esperando acceso á mesma,lembrar que este Concello foi condenado no mes de outubro do presente por ocultar documentación aos Concelleiros ACiP e que seguen nas mesmas.

Este grupo leva desde xullo do ano 2019 reclamando un lugar no Concello, espazo para poder realizar o noso traballo diario e atención aos nosos veciños, que por parte do Sr. Mera comunícasenos que o resolvería e seguimos na mesma. Non permitiremos que pensen que o Concello é a súa propiedade mais o Concello é a Casa do pobo e os seus representantes.

É curioso a dobre vara de medir cando os que están no goberno BNG-PSOE no ano 1999 aprobaron eles ditas propostas de medios para traballar, asignación de dedicacións á oposición e estiveron caladitos durante todos estes anos e agora fan todo o contrario.

Este grupo participou e propuxo iniciativas sempre buscando o consenso, principalmente en medidas de reactivación económicas polo COVID-19 e mellorando substancialmente ditas axudas, a pesar de ser boicoteado polo Alcalde nas propostas posteriores cando presentamos mocións ao Pleno e estas son atrasadas para despois pola porta de atrás vendelas o como propia. Necesitamos un goberno que goberne para todos e non que impoña e das costas ao noso Concello