ACiP acusa á alcaldesa de Ponteareas de exclusión da mesa sobre a N-120

Considerou que realiza un "uso partidista" do tema

Ponteareas/ACiP | Na tarde de onte celebrouse unha importante reunión nas instalacións do Concello de Ponteareas, na que o Delegado do Goberno na nosa comunidade, José Miñones, tratou o tema da N-120.

Esta mañá vímonos sorprendidos na nosa formación ao ver que a prensa se fixo eco desta reunión, da que ACiP foi excluido e sobre a cal lle ocultaron toda a información sobre a súa realización. De feito, a alcaldesa todavía non puxo en coñecemento dos resultados da mesma a corporación, tendo que recabar a información a través da Plataforma N-120.

O portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, mostra a súa total indignación manifestando que “Cristina Fernández non está a altura do cargo que ostenta, debería representar a toda Ponteareas e non só os votantes da coalición”, ao que engade que “non nos van a enganar decindo que era unha reunión co goberno, xa que na foto aparece o próximo candidato do Partido Socialista, que nin tan sequera é concelleiro na Corporación Municipal”.

Este feito non é novidoso, xa que en repetidas ocasións tivemos que denunciar a falta de cotesía e recriminar a actitude partidista dende que a Sra. Fernández ostenta o poder. Neste caso, parecenos que sobrepasa todos os límtes, xa que é consciente do calado da reunión e das mostras de compromiso de ACiP con este proxecto. A N-120 é un problema no que as neglixencias e retrasos do Goberno Central, sumado a posición docil do noso Concello, provocou unha nova perdida mortal nas últimas datas. Neste sentido esiximos a reforma deste vial a maior brevidade posible, xa que é un proxecto que determina o futuro da nosa cidade.